Deseño Gráfico,

e demais cousas chulas.

Pequena selección de proxectos.

un pouco de historia

(a miña historia)

Identidade corporativa, deseño de envases, deseño editorial, fotografía, retoque fotográfico, publicidade, cartelería, creación de nomes para produtos ou empresas, creación de imaxe de marca… todo isto e moito, moito máis é o que levo facendo desde que estaba a estudar Deseño Gráfico na EASD Pablo Picasso da Coruña alá polo ano 1998. Desde entón afortunadamente levo todo este tempo traballando no que me gusta. Que basicamente consiste en dar forma a ideas e conceptos. Non sempre resulta sinxelo, e tampouco sei cal será o resultado final, pero supoño que esa é a graza desta profesión. Que cada proxecto é unha nova aventura que non deixa de sorprenderme ;D